lunes, julio 24, 2006

Actividades para a Praza Uxio Novoneira

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
ROSALÍA DE CASTRO
RÚA ROSALÍA DE CASTRO, 20, 1º ESQDA.
15300-BETANZOS


SR. ALCALDE PRESIDENTE
DO CONCELLO DE
BETANZOS

Estimado Sr. Alcalde:

No marco de actividades organizadas polo Concello de Betanzos na época estival, durante as noites do pasado verán celebráronse en distintas parroquias do Concello e en varias zonas do casco urbano sesións de cine, cremos que patrocinadas pola Excma. Deputación provincial da Coruña.

A nosa Asociación considera que esta é unha actividade de ocio san sumamente interesante para os veciños, necesitados de alternativas de tempo libre que sexan ao mesmo tempo económicas (e mellor se son gratuítas) e formadoras.

A nosa zona de residencia tivo un importante crecemento de poboación nos derradeiros anos, que se traduciu na existencia dun nutrido grupo de familias xoves e con gran número de nenos.

Ao mesmo tempo, pola súa disposición, consideramos que a Praza Uxío Novoneira podería ser un escenario magnífico para a celebración dalgunha destas sesións de cine ao aire libre, ou no seu caso doutras actividades similares (teatro, títeres...).

En base a o exposto,

SOLICITAMOS:

Que na programación estival do ano 2006 a elaborar por parte dese Concello se inclúa algunha sesión de cine pola noite e ao aire libre, e máis calquera outra actividade cultural que se puidera considerar interesante, na nosa zona de residencia, actividades que ben poderían celebrarse na Praza Uxío Novoneira

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

En Betanzos, a 05 de decembro de 2005.

POLA ASOCIACIÓN, O VICEPRESIDENTE,




ASDO: Jorge Enrique Mourelo Estella.

No hay comentarios: