jueves, septiembre 14, 2006

La Coruña

 Posted by Picasa

1 comentario:

Anónimo dijo...

PP... Partido do Poder?
Submitted by Anónimo on Thu, 2006-09-14 10:50. Foro General
Titulo así a miña mensaxe porque é realmente sorprendente o grao no que se nota o sentimento de poder nun partido como o PP.

Se analizamos outros partidos como, por exemplo, o PSOE, vemos que hai un Secretario Xeral para o Estado, Secretario Xeral en cada unha das CCAA, Secretario Xeral provincial e, logo, hai representantes locais ou, dependendo os casos, Secretarios Xerais nas localidades, caendo todo o peso decisional na militancia.

Se observamos a estructura do BNG (que coincide coa de outros partidos nacionalistas, dos que non son nacionalistas españois como o PP, e EU -Esquerda Unida- nalgunhas CCAA), vemos que hai un Secretario Xeral encabezando o Consello Nacional, hai un Portavoz Nacional, Responsábeis Provinciais, Responsábeis Comarcais e Responsábeis Locais, caendo todo o peso das decisións na propia militancia.

Pola contra, se observamos a estructura orgánica do PP, fronte a unha nomenclatura que noutros partidos ven a indicar que os cargos están sometidos á militancia, vemos como hai un Presidente Nacional para todo o Estado, Presidentes Autonómicos (Presidente do PPdeG, Presidente do PPC...), Presidentes Provinciais, nalgunhas comarcas (de non todas as CCAA) Presidentes Comarcais (por exemplo, Alto Llobregat, ou nalgunha comarca de Euzkadi, ademais dalgunha comarca galega), e Presidentes Locais (Presidente do PP de Carballiño, Presidente do PP de Allariz...). E por se iso fora pouco hai un Presidente Fundador e un Presidente Honorífico. E a militancia? Ai, a militancia... cun poder de decisión sobre a política a seguir polo partido bastante limitado.

ppdeg( blog)