domingo, abril 30, 2006

El paro aumenta en Galicia

UN DE CADA 10 GALEGOS ACTIVOS ESTÁ NO PARO
O paro medrou en 12.600 persoas, situando a taxa de desemprego en case un 10%

[28/04/2006 12:57] O paro medrou en Galiza en 12.600 personas ao longo do primeiro trimestre deste 2006 o que supón un incremento de case un 11 por cento en relación ao trimestre anterior. O número total de desempregados situouse en 126.800 persoas mentres a tasa de paro quedou nun 9,99 por cento. Todo isto segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).


O incremento do paro en case once puntos respecto ao trimestre anterior situa a Galiza por encima do dobre da media estatal. Galiza é xunto coa Comunidade Valenciana, Cataluña, Canarias e o País Vasco unha das comunidades onde máis medrou o desemprego. Porén, os datos do INE sinalan a nosa comunidade como a quinta no que a novos activos se refire. O incremento do número de parados neste primeiro trimestre do 2006 contrasta cos datos do mesmo trimestre do ano pasado. Así, en relación co 2005 o número de parados descendeu en case sete puntos.

Por provincias, Ourense rexistra a taxa de paro máis alta da comunidade, con máis dun 12 por cento, tres puntos máis da media estatal, seguido de Pontevedra e A Coruña que se sitúan en torno ós 10 puntos. Pola súa parte, Lugo é con case un oito por cento a provincia galega con menor taxa de paro.

Publicado en Vieiros, 3o de abril de 2006

No hay comentarios: